15 feb 2013

Con A de Astrónoma


A partir desta tarde de venres e ao longo do mes de febreiro, teremos no cole unha estupenda exposición sobre o papel da muller na Astronomía: Con A de Astrónoma
Co gallo da celebración do "Ano Internacional de Astronomía" nace un grupo de traballo co nome de  "Ella es una astrónoma" .Deste grupo de mulleres xurde esta exposición que xa recorreu moitos lugares e que estará os próximos días con nós.
Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina Ling, da Universidade de Santiago de Compostela. Teremos a honra de recibir á profesora Ling, que visitará o noso colexio para explicarnos os contidos da mostra.

Esperamos a vosa visita nas tardes de luns a venres, en horario de 16:00 a 18:00.
Se queredes saber máis:

Ano Internacional de Astronomía 2009
Ella es una Astrónoma

No hay comentarios:

Publicar un comentario